Máis información

Comentarios

  1. A resolución do Parlamento Europeo mencionada arriba solicitaba a prohibición do uso de cianuro, non o prohibía. A Comisión Europea rexeitou dita solicitude de prohibición mediante a seguinte resolución:
    http://www.europarl.europa.eu/sides/getAllAnswers.do?reference=P-2010-3589&language=EN
    Polo cal, o cianuro a día de hoxe non está prohibido na Unión Europea.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Qué gran tranquilidad nos da eso Anónimo! ¿Quiere decir eso que ya nos pueden envenenar sin ningún temor, incluído a tí?

      Eliminar
  2. Na diapositiva 8 da presentación "A mina de Corcoesto en cifras" dicides que o rpoxecto consumirá 2.800.000.000 litros de auga. Nembragantes, na páxina 31 do EIA dí: “Recursos de agua necesarios 1.400.000 m3/año (1.400.000.000 l)”.
    De onde sacades que será xusto o dobre??

    ResponderEliminar
  3. Anónimo primeiro: non creo q vexas nesta páxina ningún lugar no q se diga q o cianuro está prohibido na Unión Europea. Só dicimos que o Parlamento europeo, constituído por parlamentarios elixidos democraticamente e q polo tanto son os nosos representantes, rexeitou o uso do cianuro na minería e instou, en termos para nada ambiguos, a tódolos países da Unión a prohibilo.
    A Comisión Europea, composta por persoas q teñen fortes intereses económicos persoais en moitos eidos, entre eles a minaría, non a prohibiu: xa o sei.
    O mesmo pasou coa Declaración de Berlín: unha pila de científicos q se reuniu alí fixo fincapé na importancia de prohibir o uso do cianuro na minaría.
    Ninguén lles fai caso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, ninguén non. Hai algúns países q xa a prohibiron, como seguramente saberás...

      Eliminar
  4. Anónimo segundo: tes razón, equivoqueime. Se o proxecto di q se precisan 1.400.000.000 l ANUAIS, o TOTAL q consume é moitísimo máis q os 2.800.000.000 q eu poño na diapositiva, xa q habería q multiplicar eses mil catrocentos millóns de litros polos 8-10 anos de duración, o q dá unha cifra moito maior...en q estaría eu pensando!
    Grazas por alertarme do erro! ;-) En canto teña un momento corríxoo e engádolle ceros

    ResponderEliminar
  5. Pedimos desculpas polo erro cometido, erro que aínda por riba...era a favor da empresa mineira! Queda o PPS corrixido, e engadimos tamén nesta páxina informativa unha ligazón ao EIA do proxecto, por se alguén ten interese en contrastar os datos.
    Moitas grazas novamente ao anónimo por informarnos do erro.

    ResponderEliminar
  6. A presentación "A mina de corcoesto en cifras" xa non está!!, quixen deixar o enlace no meu blog.

    ResponderEliminar
  7. perdón! fixen modificacións e esquecín cambiar a ligazón
    queda subsanado o erro
    grazas polos vosos comentarios, e por avisar dos erros!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.

Publicacións populares deste blog

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación