Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación

Imaxe
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón a un compañeiro da Plataforma de Corcoesto en relación ao seu dereito de acceso á documentación relacionada coas concesións do proxecto mineiro de Corcoesto. Durante a loita contra o proxecto de Corcoesto, un dos temas que nos preocupaba era o da posible caducidade das concesións. Entre os activistas da Plataforma de Corcoesto tiñamos a convicción de que as concesións mineiras non estaban vixentes, algo que invalidaría o proxecto. A finais de 2012, un compañeiro da Plataforma solicitou acceso á documentación relativa a ditas concesións, coa intención de comprobar se as nosas sospeitas tiñan base. Ao non serlle facilitada esta documentación, interpuxo unha demanda en relación ao tema. Por fin, e despois de máis de cinco anos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor do compañeiro que realizou esa solicitude.    Na sentencia, na que se recoñece sen ningún xénero de dúbida o dereito do
Imaxe
DOMINGO 22 de OUTUBRO TODO O MUNDO A COMPOSTELA

Algunhas Informacións de interese

Algunhas Informacións de interese Algunhas informacións de interese Contra a Lei de Depredación de Galiza (LFIIE). http://verdegaia.org/index.php/urbanismo-infraestruturas-e-territorio/1719-rascunho-de-manifesto-contra-a-lei-de-depredacion-de-galiza Unha proposición indecente no Parlamento Galego http://www.sghn.org/ Lei de Depredación: golpe de estado administrativo para amparar a expoliación do país http://adega.gal/novas.php?id=656&idioma=gl&sec=7 https://quepasanacosta.gal/99981-2/ http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/10/10/n-rechazo-ley-xunta-iniciativas/1224719.html
Imaxe
PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS
Imaxe
Petición en Change.org https://www.change.org/p/paremos-a-leidepredaciongaliza-do-pp-galego-antes-do-17-de-outubro?utm_source=embedded_petition_view Apoia e Difunde esta petición Concentración no Parlamento Galego, venres 6 de Outubro de 2017
Imaxe
Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza Organizacións que constitúen a  Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza :       A Revolta A Ría Non Se Vende ADEGA Asociación Pola Defensa da Ría C.S. Faisca CIG CNT-Galiza Colectivo Non a Porto Cabral Comisión contra as minas na Terra Cha Comisión de Medio da Gentalha do Pichel ContraMINAcción Erva Galiza Contrainfo Galiza Non Se Vende Organización galega de Comunidades de Montes Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños Sindicato Labrego Galego Verdegaia Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo Nota aclaratoria:   Formar parte  da Plataforma implicar participar na coordinación e na toma de decisións en todas aquelas accións que leve a cabo a Plataforma.  Apoiar  é estar dacordo co fin e obxectivos da Plataforma, axudando a difundir a problemática e participar en todas aquelas accións públicas que leve a cabo a plataforma pero sen voluntariedade de participar na coordinación e

Lei de Depredación de Galiza

Imaxe
LEI DE DEPREDACIÓN DE GALIZA Que é o que é? Artigos sobre a lei neste web . Artigos noutros medios . Calendario da campaña (offline e online) contra a #LeiDepredacionGaliza . Como podes axudar a parar esta lei? Material gráfico contra a lei .

O Parlamento Europeo prohibe o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras

Imaxe
O PARLAMENTO EUROPEO INSISTE EN PROHIBIR O CIANURO NA MINARIA Boas noticias chégannos desde a campaña BangBan Cyanide, campaña para a prohibición do uso de cianuro en minaría en Europa. Ban Cyanide é unha organización internacional da que fai parte a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños Tras unha clara votación con 566 votos a favor e 8 en contra , o Parlamento Europeo reiterou o seu chamamento á Comisión Europea a prohibir canto antes o uso de cianuro en minaría dentro das fronteiras da Unión Europea. O Parlamento Europeo emitiu o 27 de abril unha resolución [1] sobre a implementación da Directiva de Residuos Mineiros (2006/21/EC). Esta regula o manexo dos residuos das industrias extractivas e inicialmente adoptouse fai sete anos, como consecuencia do tráxico accidente con cianuro nunha mina de ouro en Baia Mare/Romanía no ano 2000. A Directiva de Residuos Mineiros e a súa adopción por parte dos Estados Membro foi suxeito dunha revisión lev