Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

As declaracións de Jim Yong Kim e o dereito a defender a terra

Imaxe
Hai cousa dun mes, Jim Yong Kim, Presidente do Banco Mundial, fixo unhas declaracións nun Seminario celebrado en Nova Iorque nas que facía referencia ao asasinato de Berta Cáceres nuns termos que consideramos absolutamente inaceptables.  Na súa intervención, que podedes ver neste vídeo de youtube, o presidente do Banco Mundial daba a entender que aceptaba como algo practicamente inevitable a posibilidade de que se producisen ataques a activistas. En resposta a unha pregunta sobre os evidentes impactos das grandes represas, e sobre os ataques sufridos por activistas, como no caso de Berta Cáceres en Honduras, respondeu que "non se pode facer o tipo de traballo que estamos tratando de facer e non ter algún destes incidentes ". Enfádanos profundamente que se cualifique de " incidente" un feito tan grave como o asasinato brutal dunha activista. Defender a terra non é delito Ademais, suxeriu que a enerxía das grandes represas é a única alternativa posible f