Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

III Milladoiro por Corcoesto

Imaxe
Os milladoiros eran cheas de pedras colocadas ao pé dalgúns camiños ou cruces de camiños. En moitos lugares existía a tradición de que cando un camiñante pasaba por un determinado lugar, debía botar unha pedra máis á chea, de modo que co paso dos séculos, algúns milladoiros son dunha altura considerable, e formados por miles e miles de pedras. Está moi estendida a opinión de que podería ser unha cristianización dun culto prerromano ás divindades dos camiños das que fala Estrabón, e que se mantivo con forza en época romana grazas ao sincretismo cos deuses viarios. Na loita contra a mina de Corcoesto, en Xuño de 2013 fíxose un acto lúdico cultural na Carballeira de Santa Mariña (Corcoesto) que rematou co levantamento dun MILLADOIRO multicolor, a barbarie pro mina destruíuno aos poucos días. No ano 2014 outra vez a veciñanza da comarca levantou de novo outro MILLADOIRO, que igualmente foi destruido aos poucos días pola barbarie pro mineira. Estes feitos leváronnos a