Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

Roteiro por Corcoesto, na zona afectada polo proxecto mineiro

Imaxe
  O roteiro, ao seu paso por Aldemunde O día estaba nubrado pero a temperatura era moi agradable, perfecta para a realización da andaina. A ruta estaba organizada pola sociedade de montaña Ártabros da Coruña, esta comezaba ás 10 da mañá na carballeira de Sta. Mariña e o número de participantes chegaban as 200 persoas. O obxectivo desta andaina era poder comprobar "in situ" a desfeita que provocaría a actividade mineira de levarse a cabo. Os participantes puideron comprobar onde ían furar os buratos de ata 500m de diámetro e 300 m de profundidade, a lagoa artificial e a balsa de cianuración onde depositarían 800.00 Tm de tóxicos procedentes do proceso de lixiviación. Ao paso polo lugar de Baralláns púidose comprobar a proximidade deste lugar a planta de tratamento (30m) e a balsa de lodos (200 m), esta planta albergaría tres muíños de moenda traballando as 24h do día durante os 365 días do ano e na mesma faríase o proceso de lixiviación utilizando diariamente

A CIG aproba unha resolución sobre a megaminaría en Galiza no seu VI Congreso

Imaxe
Imaxe do VI Congreso da CIG, onde se aprobou esta Resolución O sindicato CIG, no seu VI Congreso, vén de aprobar a seguinte resolución sobre a megaminaría: RESOLUCIÓN DO VI CONGRESO DA CIG SOBRE A MEGAMINARÍA NA GALIZA. A Xunta de Galiza e o Partido Popular tentan converter ao noso país nunha grande mina, vendendo ou mellor dito regalando o mesmo ás empresas transnacionais mineiras, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto. Tanto a Xunta como o Goberno do Estado, introduciron cambios lexislativos nos últimos tempos dirixidos a quitar todo tipo de traba á explotación da terra como fornecedora de recursos para empresas privadas: a Lei do Solo ou a de Costas, o plano acuícola, a construción de parques eólicos, ou as Directrices de Ordenación do Territorio estarían nesta liña. E este tipo de explotación só é posible matando primeiro ao medio rural e botando á xente que o habita para que a Xunta poida cederllo ás grandes empres

Resumo da prensa dixital na primeira quincena de maio

Se vendemos o monte, perdemos todo dereito sobre el. Corcoesto non se vende!

Imaxe
A PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS ACONSELLA AOS VECIÑOS QUE NON VENDAN O SEU MONTE Á EMPRESA MINEIRA. Nos últimos días a empresa mineira está ACOSANDO de xeito individualizado aos veciños para forzalos a vender o seu monte a un prezo ridículo de 1,20 euros metro cadrado. Os donos dos montes deben saber que a empresa mineira quere obrigalos a asinar un contrato polo que lle dan unha OPCIÓN DE COMPRA SOBRE O MONTE. As persoas que asinen estes contratos non están vendendo hoxe pero están RENUNCIANDO AOS SEUS DEREITOS SOBRE O MONTE a favor da empresa mineira . A cambio de renunciar aos seus dereitos, a empresa págalle en concepto de PRIMA DE OPCIÓN un 10% do prezo tratado de 1,20 €/m2. POR QUE FAI ISTO A EMPRESA MINEIRA? 1º.- A empresa mineira non compra o monte hoxe e non o paga, porque non ten seguridade de que vaia ter autorización da Xunta de Galicia para a explotación da mina de ouro de Corcoesto . Se a empresa se fai co monte deste xeit