Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

A Universidade de Vigo non apoia o proxecto mineiro de Corcoesto

Imaxe
Universidade de Vigo. Imaxe de Septem Trionis A Universidade de Vigo non apoia o proxecto mineiro de Corcoesto. Advirte de que resolverá o convenio subscrito coa empresa mineira se esta utiliza a sinatura do mesmo para xustificar o proxecto. A Universidade de Vigo vén de comunicar á Plataforma pola Defensa de Corcoesto que en ningún momento dou o seu apoio institucional ao proxecto para a explotación da mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. Esta comunicación prodúcese despois de que a empresa mineira canadense Edgewater, fixera pública a sinatura dun convenio de colaboración coa citada universidade e o trasladara aos medios de comunicación como si se tratara do respaldo institucional explícito da Universidade de Vigo a un proxecto que conta cunha forte oposición social, non só na contorna, senón tamén en toda Galicia e especialmente dentro da comunidade investigadora e universitaria.

Industria e Enerxía denega información pública das concesións mineiras

Imaxe
O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces. Imaxe de Praza Pública A Xunta de Galicia continúa ao ditado da empresa canadense Edgewater na tramitación da mina de Ouro de Corcoesto. O Director Xeral de industria enerxía e minas denega información pública das concesións mineiras de Corcoesto porque así o pide Edgewater. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto denuncia unha vez máis a conivencia entre a Xunta de Galicia e a empresa mineira de Corcoesto na tramitación -chea de irregularidades- deste proxecto para a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos Concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Se antes foi a Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que rectificou as súas esixencias ante un escrito do xerente de Edgewater, no que pedía que non se lle obrigase á empresa a facer públicos os datos sobre os niveis de vertidos de metais pesados na fase da explotación mineira, agora sóubose que Ángel Bernardo Tahoce

Resumo prensa dixital do 9 de febreiro ao 10 de marzo

Resumo da prensa dixital do 31 de xaneiro ao 8 de febreiro

O sector mineiro galego, está a cavar a súa tumba en Corcoesto?

Imaxe
Está o sector mineiro galego a cavar a súa propia tumba? Imaxe de eliduke O sector mineiro galego, está a cavar a súa tumba en Corcoesto? Esta reflexión é unha carta aberta para os actores do noso sector mineiro que se están a posicionar a prol do proxecto de explotación aurífera de Corcoesto: Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, Cámara Oficial Mineira de Galicia, e persoal ligado á Enxeñaría de Minas. É un feito que as transnacionais de bandeira canadense como Edgewater Exploration Ltd, a través da súa filial Mineira de Corcoesto SL, perseguen o máximo lucro mediante a interpretación máis laxa posible da normativa ambiental, aquí como en Honduras, son as mesmas. A proposta inicial xa tivo que ser modificada neste senso 1 e é posible que se volva facer, como en Salave, onde a Comisión para Asuntos Ambientais de Asturias non aceptou os lodos cianurados nin que a explotación fose a ceo aberto 2 . Mesmo pode rematar paralizada pola Xustiza 3 . Onde ficaría a credibilidade

Carta aberta ao alcalde de Coristanco

Imaxe
O río Anllóns, en Verdes, Coristanco. Imaxe de elBúho Carta ó Alcalde de Coristanco Estimado Sr. Pensado. Son unha veciña de Cereo, aínda que fai máis de vinte anos que non vivo alí. Creo que uns poucos menos dos que vostede leva gobernando o concello. Recórdanme meus pais que unha das grandes cousas que vostede fixo, e da que toda a parroquia aínda lle segue moi agradecida, foi a traída da auga do manancial de Baralláns. Antes de entrar vostede no concello, tódolos veráns había problemas coa auga, conflitos entre os veciños e, a parte que a min máis me tocaba, moito traballo carrexando caldeiros de auga da fonte, costa arriba cara o Barreiro, para a casa e os animais. Eu tamén lle agradecín moito o seu logro. Paradoxicamente, esa auga vai ser o primeiro que desapareza cando Mineira de Corcoesto-Edgewater teña o seu visto bo para operar. O manancial de Baralláns, do que miña nai fala como se describira o ceo “a auga sae dunhas pedras brancas que é unha marabilla velas”

Engano colectivo aos parados de Bergantiños

Imaxe
Os postos de traballo, unha arma de engano masivo. Imaxe de arribalasqueluchan Mineira de Corcoesto contratou á ETT Adecco para “perpetrar un engano colectivo” aos parados da comarca de Bergantiños. A empresa mineira pretende cambiar a percepción social do proxecto mineiro creando “falsas expectativas laborais”, ao tempo que está a despedir aos empregados actuais. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto alerta de que a empresa mineira Canadense, aproveitándose da actual crise económica e do elevado nivel de desemprego, contratou a unha empresa de traballo temporal para crear unhas falsas expectativas laborais na comarca, que nada teñen que ver coa realidade do proxecto. Este modo de proceder constitúe un engano masivo á poboación desempregada dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso, para tratar de cambiar a percepción social do proxecto mineiro nun momento en que está a medrar de xeito continuado a oposición social ao mesmo, non só na comarca

A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto

Imaxe
Río contaminado por vertidos dunha mina en Queenstown A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto E NON LLE VAI OBRIGAR A publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido, tal e como pedía a D.X. de Conservación da Natureza. A Plataforma de Corcoesto vén de ter acceso a un documento do expediente de tramitación do proxecto mineiro, no que o xerente da empresa, señor Lluis Boixet, manifesta a súa disconformidade cunha petición que se lle fixera desde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. No documento, que ten rexistro de entrada do día 5 de novembro, o señor Boixet afirma que a empresa non quere acollerse a unha das condicións do informe emitido polo citado organismo , en concreto a esixencia de publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido. Ademais, na súa solicitude afirma o xerente da empresa mineira: “La p