Cianuro e minería: Verdades demostradas

O derrame de cianuro de Baia Mare afectou a tres países. Fonte da imaxe.
Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,...) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos NON se coñece. Precisamente se emprega a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993).
O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de tódalas formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira”.
Isto constátase con feitos como os seguintes: 
  1. No 2000, en Baía Mare (Romanía), un derrame de residuos cianurados arrasou con toda forma de vida centos de quilómetros río abaixo afectando a 3 países (Romanía, Hungría e Iugoslavia). Contaminou o subministro de auga potable de 2,5 millóns de persoas e afectou ás actividades económicas de máis dun millón e medio que viven do turismo, a agricultura e a pesca.
  2. No 1999, en Surigao do Norte (Filipinas) un vertido de 700.000 toneladas de colas cianuradas deixou 17 casas sepultadas e 51 hectáreas de campos de arroz inundados, deixando unha contaminación sen precedentes na zona.
  3. No 1998, en El Corozal (Panamá) un derrame de residuos cianurados na mina de Santa Rosa ocasionou unha enorme mortalidade de peixes e puxo en perigo a vida de moitas persoas.  
  4. No 1998, en Dakota do Sur (Estados Unidos) na mina Homestake derramáronse 7 toneladas de residuos cianurados arrasando con todo ó seu paso.
  5. No 1995, en Omai (Guaiana) liberáronse 4 millóns de toneladas de lodos cianurados, declarándose zona de desastre medioambiental ó longo de 80 km do río Essequibo.
  6. No 1994, cerca de Johannesburgo (Sudáfrica) na mina Harmony o colapso dun dique de contención de residuos cianurados enterrou un complexo habitacional e causou a morte a 10 traballadores da mina. 
  7. No 1992, en Summitville, Colorado (Estados Unidos) un derrame de cianuro causou unha tremenda catástrofe ó longo de 27 km do río Alamosa. A empresa quebrou, deixando danos ambientais que, para reparalos, farán falla uns 150 millóns de dólares. 
  8. No 1992, en Carolina do Sur (Estados Unidos) un derrame de residuos cianurados na mina de ouro Brewer estendeuse ó longo de 80 km do río Lynches matando uns 11.000 peixes.
      E así, un longo etcétera.
      Todas estas balsas son primas-irmáns da que está proxectada para Corcoesto. Co agravante de que a de Corcoesto estaría situada encima dunha falla sísmica, o que aumenta considerablemente o risco de rotura.

      Con estes datos, isto é, con todas estas verdades demostradas, non fai falla ser un experto, nin un químico, nin sequera fai falla saber ler para imaxinarse que o que nos van deixar nesa megabalsa de residuos vai ter algo máis que auga fresca con azul de Prusia. ¿Un groliño?. 

      Carmen Varela é doutora en Química Orgánica

      Comentarios

      1. Así é como se responde, con feitos acaecidos, publicados e contrastados. Non podía ser doutra forma.

        ResponderEliminar
      2. Algun recente en Europa?

        ResponderEliminar
      3. Romanía está en Europa, se os meus coñecementos de xeografía non andan errados. Aínda q a algunhas persoas non llelo pareza.

        ResponderEliminar
      4. Eu so me referia a que se en 8 anos se produciron 8 accidentes hasta o ano 2000 que pasou do 2000 a 2013 algún accidente mais se tuvo que producir ou algo tuvo que pasar pa que non se producira dende entón.Solo estou preguntando, non son experto na materia nin estou a favor da mina, xa que a min nin me vai nin me ven.

        ResponderEliminar
      5. En varios países prohibiuse o uso do cianuro na minaría. Porque estamos a falar de accidentes exclusivamente relacionados co uso do cianuro na minaría, non de accidentes mineiros en xeral.
        En todo caso, creo q si hai máis q os recollidos nese listado. Copipego:
        CHINA 25 DE JUNIO DEL 2004 : El consul del estado de china reportó 7 casos de fuga de un producto químico letal en las semanas pasadas el cuál aseguró a un total de 21 vidas al otro lado de la ciudad. Por ultimo fué un gas de hidrogeno de cianuro que se derramó desde una mina en la planta de oro en los suburbios de Beijing´s distrito de Huairou que mató tres personas y dejó otros 15 hopitalizados ( Recurso: Diariamente de las personas en linea, 25 de Junio del 2004 ).
        Ghana, 24 de octubre de 2004, BGL descuidadamente derramó grandes cantidades de solución de cianuro en los ríos Ajoo y Aprepre matando muchos peces y destruyendo granjas. La gente de la comunidad perdió su ganado y las personas que bebieron el agua o comieron los peces de la corriente contaminada, enfermaron. Algunas de las personas afectadas eran mujeres y niños. Hasta la fecha, como jefe de la ciudad, continúo recibiendo quejas de enfermedad de algunas de las personas que fueron afectadas por el derrame de 2004. (http://www.noalamina.org/mineria-mundo/mineria-africa/derrames-cianuro-militarizacion-agua-contaminada-ghana-2)
        Ao parecer, en xuño de 2006 produciuse un novo derrame /http://olca.cl/oca/ghana/ghana01.htm)
        Colombia, 2008: http://spanish.peopledaily.com.cn/31618/6490783.html
        Arxentina, 2011: http://www.lagranepoca.com/22785-argentina-denuncian-graves-consecuencias-derrame-cianuro-mina-santa-cruz
        Dúas mortes en Arxentina (penso q se refire ao mesmo q na ligazón anterior): "Dos muertes (un operario falleció en Cerro Vanguardia el 21 de enero y otro en el yacimiento San José-Huevos Verdes en 2011) y un sinnúmero de accidentes ambientales que tomaron estado público, a muchos otros no se les da difusión, representan un costo muy alto para nuestra provincia, que no alcanza siquiera a financiarse con la extracción de oro, plata, petróleo y gas", sentenció Serafini. http://www.losandes.com.ar/notas/2012/1/30/denuncian-minera-santa-cruz-derrames-cianuro-621176.asp
        Honduras, 2009: http://archivo.laprensa.hn/Ediciones/2009/03/21/Noticias/Honduras-Fuga-de-cianuro-cae-al-rio-Lara

        ResponderEliminar
      6. En resposta a anónimo:

        Nos países centroeuropeos onde se estaba a dar ese tipo de minería prohibiuse o uso de cianuro e levouse a cabo un estricto control sobre as balsas de residuos existentes para o seu control e eliminación. De aí que dende o terrible accidente do ano 2000 non haxa máis desastres Europeos con respecto á minería do cianuro.

        O parlamento europeo resolveu a prohibición da minería con cianuro no 2010 en toda Europa e non favorecela fora. Nesta mesma resolución se pide cambiala lexislación para que tódalas industrias extractivas incorporen un seguro que cubra tódolos danos posibles da súa actividade (que por certo non teño visto nos proxectos que lin ultimamente).

        ResponderEliminar
      7. ¿Non pode ter algo que ver a aprobación da Directiva 2006/21/CE sobre xestión dos residuos de industrias extractivas por parte do Parlamento e da Comisión Europea? Reglamento que foi trasposto á lexislación dos diferentes estados (Real Decreto 975/2009 en España). Aquí fíxanse uns criterios de deseño e explotación de balsas bastante estrictos, creo.

        ResponderEliminar
      8. Entendo que a relación q estableces explicaríase só a partir do momento en q se traspuxo a normativa europea aos distintos países europeos, supoño q a partir do 2007-2008; pero non antes

        ResponderEliminar
      9. Un paper nunha publicación do ramo: "Legacy of Cyanide and ARD at a Low-Scale Gold Mine (Furtei, Italy)" en http://link.springer.com/article/10.1007%2Fs10230-012-0209-1

        Imaxes e reportaxe sobre a mina de Furtei en Cerdeña: http://notizie.tiscali.it/articoli/interviste/12/10/furtei-oro.html

        O título: Fanghi al cianuro e arsenico: dell’Eldorado sardo di Furtei ora restano solo i veleni. É dicir: "Lama ao cianuro e máis ao arsénico: do Eldorado sardo de Furtei agora só quedan os velenos".

        É iso o que queremos para o noso futuro?

        ResponderEliminar

      Publicar un comentario

      Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.

      Publicacións populares deste blog

      Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

      O Parlamento Europeo prohibe o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras